O IGCC celebra unha charla aberta sobre a factura da luz este venres ás 12:30 horas

O Concello de Boqueixón informa de que a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía unha charla aberta sobre a factura da luz dentro da iniciativa «Venres de consumo responde». A charla terá lugar este venres 17 de xuño, ás 12:30 horas, a través da aula virtual de consumo.

A participación é totalmente de balde, polo que calquera veciño ou veciña de Boqueixón que queira acceder a esta charla só ten que seguir estes pasos:

  1. Entrar na web do IGCC este venres a partir das 12.00 horas: https://consumo.xunta.gal/gl
  2. Facer click na imaxe «Venres de consumo»
  3. Entrarás nunha aula de Videoconferencia. Aquí tes dúas opcións:
  • Se tes Webex instalado, uniraste directamente cando premas «Acceder»
  • Se non tes Webex, preme «Unirse desde o navegador».

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025