O 4 de setembro terá lugar un roteiro guiado pola contorna do Pico Sacro

O Concello de Boqueixón organiza unha ruta guiada gratuíta, «Unha volta ó Pico», pola contorna do Pico Sacro o próximo domingo, 4 de setembro.

A saída está prevista para as 9:30 horas desde a igrexa de Santa María de Lestedo. As persoas que participen terán ocasión de visitar o Pico Sacro, o antigo cemiterio de Lestedo e a igrexa da Granxa. O itinerario rematará no campo da feira de Lestedo.

Terá unha duración aproximada de 3 horas. As persoas interesadas poden ampliar a información chamando ao 981 513 061.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025