A Casa da Cultura de Camporrapado acollerá sesións de ioga tódolos venres a partir de outubro

O Concello de Boqueixón organiza este ano un obradoiro de ioga e benestar para manter a enerxía positiva despois do verán.

A actividade comezará en outubro e desenvolverase en horario de 19h a 20:30h tódolos venres na Casa da Cultura de Camporrapado. O prazo de inscrición estará aberto ata o 23 de setembro e a solicitude poderase efectuar de forma presencial ou a través da sede electrónica.

O obradoiro terá un custo de 25 euros mensuais.

Para máis información chamar ao 981 513 115

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025