Boqueixón convoca axudas a comisións organizadoras de festas patronais para a contratación de orquestras durante 2022

O Concello de Boqueixón vén de aprobar a convocatoria de subvencións dirixidas a comisións organizadoras de festas patronais e populares do municipio para que poidan financiar o custe da contratación de orquestras dende xaneiro de 2022 e ata que finalice este ano.

As solicitudes deberán presentarse a través da sede electrónica do Concello: https://sede.boqueixon.com/opencms/es/ entre o 7 e o 25 de novembro. As bases poden consultarse neste enlace. Tamén podes consultar un estracto das mesmas no BOP de hoxe venres 4 de novembro.

O Concello de Boqueixón dispón dunha partida de 7.000 euros para estas axudas, que se repartirán a partes iguais entre todas aquelas entidades que o soliciten e cumpran cos requisitos para obter esta subvención, que en ningún caso poderá superar o 80% do gasto proposto. A data límite para xustificar a subvención será o 15 de xaneiro de 2023.

A folla de solicitude está dispoñible na web municipal. Descárgaa aquí.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025