Venres de Consumo Responde: reparación dos aparellos de uso doméstico

O Concello de Boqueixón informa de que a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, organiza unha nova sesión dos Venres de Consumo Responde, que terá lugar este venres 18 de novembro, a partir das 12:30 horas, a través da aula virtual de consumo. Unha charla gratuíta e aberta a toda a cidadanía sobre a reparación dos aparellos de uso doméstico, na que persoal especializado resolverá as dúbidas que se lles plantexen e darán a coñecer os dereitos que temos como consumidores.

Recorda que participar é totalmente de balde, polo que calquera veciño ou veciña de Boqueixón que desexe acceder a esta charla só ten que seguir estes pasos:

  1. Entrar na web do IGCC este venres ás 12.30 horas: https://consumo.xunta.gal/gl
  2. Facer click na imaxe «Venres de consumo»
  3. Entrarás nunha aula de Videoconferencia. Aquí tes dúas opcións:
  • Se tes Webex instalado, uniraste directamente cando premas «Acceder»
  • Se non tes Webex, preme «Unirse desde o navegador».

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025