Venres de Consumo Responde: os servizos de telefonía e internet

O Concello de Boqueixón informa de que a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, vai impartir unha nova sesión dos Venres de Consumo Responde. Nesta ocasión, a charla xirará en torno aos servizos de telefonía e Internet, onde se responderán a todas as dúbidas das persoas que se conecten este venres 24 de febreiro, ás 12:30 horas.

A participación é totalmente de balde, polo que calquera veciño ou veciña de Boqueixón que desexe acceder a esta charla só ten que seguir estes pasos:

  1. Entrar na web do IGCC este venres ás 12.30 horas: https://consumo.xunta.gal/gl
  2. Facer click na imaxe «Venres de consumo»
  3. Entrarás nunha aula de Videoconferencia. Aquí tes dúas opcións:
  • Se tes Webex instalado, uniraste directamente cando premas «Acceder»
  • Se non tes Webex, preme «Unirse desde o navegador».

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025