O Bono Social Eléctrico e o Bono Térmico, nos Venres de Consumo Responde

O Concello de Boqueixón lembra que este venres 28 de abril, ás 12:30 horas, terá lugar unha nova sesión do programa «Venres de Consumo Responde», que esta vez estará dedicada ao Bono Social Eléctrico e o Bono Térmico. Unha xornada virtual na que técnicos especializados falarán sobre os dereitos dos consumidores e responderán ás dúbidas que se plantexen.

A participación é totalmente de balde, polo que calquera veciño ou veciña de Boqueixón que desexe acceder a esta charla só ten que seguir estes pasos:

  1. Entrar na web do IGCC este venres ás 12.30 horas: https://consumo.xunta.gal/gl
  2. Facer click na imaxe «Venres de consumo»
  3. Entrarás nunha aula de Videoconferencia. Aquí tes dúas opcións:
  • Se tes Webex instalado, uniraste directamente cando premas «Acceder»
  • Se non tes Webex, preme «Unirse desde o navegador».

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025