O Centro de Interpretación do Pico Sacro acolle este venres un contacontos e a presentación do conto «Lupiña e o seu bosque máxico»

O Centro de Interpretación do Pico Sacro acollerá este venres 26 de maio, a partir das 19:00 horas, un dobre acto dentro do programa «Un mes e Pico»:

  • a presentación do conto «Lupiña e o seu bosque máxico», por parte da súa autora Raquel Sánchez Mella
  • unha sesión de contacontos para nenos e nenas.

A participación é totalmente de balde, se ben o número de prazas é limitado polo que é imprescindible inscribirse previamente no Departamento de Turismo do Concello de Boqueixón: 981 513 061 ou boqueixonturismo@gmail.com.

«Lupiña e o seu bosque máxico» é un conto infantil editado polo Concello de Boqueixón en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Na súa presentación estarán presentes a súa autora, Raquel Sánchez Mella, e o seu ilustrador, Gabriel Iglesias Sanmartín, que serán introducidos polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín. Ao rematar a presentación haberá entrega de exemplares ás persoas asistentes e sinatura dos mesmos por parte da autora.

Así mesmo, as instalacións do Centro de Interpretación do Pico Sacro acollerán un contacontos infantil para nenos e nenas para achegarse dun xeito lúdico á lenda da Raíña Lupa e a súa relación co Pico Sacro.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025