Espina y Delfín ten programado un corte de auga este xoves 13 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas

O Concello de Boqueixón informa de que Espina y Delfín ten programado un corte de auga por tarefas de mantemento na rede de distribución. O corte terá lugar este xoves 13 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas, e afectará a: Santalla, A Granxola, Loureiro, A Corna, Camporrapado, Sucira e Ponteledesma.

A hora de restablecemento do subministro de auga pode variar dunha localidade á outra, polas tarefas de enchido e purgado da rede. Desculpas polas molestias.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025