Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego

OFERTA DE EMPREGO: Axudante de cociña en Silleda

12 de setembro de 2023

empregoboqueixon

O Concello de Boqueixón informa dunha oferta de emprego de axudante de cociña para empresa do sector hostaleiro no casco urbano de Silleda (Pontevedra). Desempeñará as seguintes tarefas:

  • Preparación de pratos tradicionais para menú, buffet e carta.
  • Mantemento da orde e limpeza en cociña.
  • Tarefas de empratado.
  • Limpeza de vaixela.

Requisitos:

  • Experiencia realizando tarefas similares ás que se describen.
  • Búscase a unha persoa proactiva e dinámica.
  • Valorable residencia próxima ao posto de traballo.
  • Formación non requerida.

Horario: xornada completa de 40 horas semanais, entre luns e domingo en quenda rotativa de mañá, tarde e noite, cos descanos establecidos por lei.

Salario: a concretar.

As persoas interesadas terán que remitir o C.V a  santiago@eurofirms.com  ou inscribirse directamente na oferta picando neste enlace

Compartir
WhatsApp Facebook Correo