OFERTA DE EMPREGO: Camareiro/a con inglés en Santiago

O Concello de Boqueixón informa desta oferta de emprego de camareiro/a con inglés para hotel emprazado en Santiago de Compostela. As tarefas que terá que realizar son:

  • Atención a clientes en almorzos, ceas e cafetería.
  • Manexo de bandexa.
  • Toma de pedidos.
  • Limpeza de enxoval.
  • Elaboracións sinxelas de cafetería, entre outras tarefas propias do posto de traballo.

Requisitos:

  • Experiencia mínima de 3 meses en postos similares.
  • Persoa proactiva, con don de xentes e dinámica.
  • Valorable residencia próxima ao posto de traballo.
  • Dispoñibilidade para días soltos e eventos.

Formación: Valorable GM/GS en rama hostalería.

Idiomas:

  • Inglés falado e escrito correctamente.
  • Valorable outros idiomas.

Horario: Xornada completa de 40 horas semanais cos descansos establecidos por lei.

Salario: A concretar

As persoas interesadas no posto de traballo terán que remitir o CV a  santiago@eurofirms.com  ou inscribirse directamente na oferta picando neste enlace.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025