OFERTA DE EMPREGO: Técnico/a electromecánico/a en Santiago

O Concello de Boqueixón informa que unha empresa do sector da reciclaxe busca Técnico/a Electromecánico/a para traballar en empresa situada na zona de Santiago de Compostela e que realizará as seguintes tarefas:

  • Mantemento electromecánico.
  • Mecánica correctiva, preventiva e de mantemento, entre outras propias do posto de traballo.

Requisitos:

  • Experiencia demostrable en postos similares ao descrito.
  • Persoa proactiva, dinámica e con don de xentes.
  • Vehículo propio para desprazarse ao posto de traballo.
  • Valorable residencia próxima ao posto de traballo.
  • Formación: GM en electromecánica de maquinaria ou similar.

Horario: Xornada completa de 40 horas semanais, entre luns e venres, cos descansos establecidos por lei.

Salario: A concretar.

As persoas interesadas na oferta terán que remitir o CV a  santiago@eurofirms.com  ou inscribirse directamente picando neste enlace.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025