Boqueixón celebra o día do patrón cunha recepción oficial á veciñanza na casa consistorial

Boqueixón celebrou a Festa do San Vicente, patrón do municipio, coa tradicional recepción oficial á veciñanza na Casa do Concello. Un acto presidido polo alcalde, Ovidio Rodeiro Tato, e contou coa presenza de integrantes da corporación municipal, tanto actuais como de mandatos anteriores.

As persoas asistentes a esta celebración tiveron a oportunidade de gozar dos acordes dos gaiteiros da Asociación Mestre Manuel Gacio, que interpretou varias pezas como complemento á recepción á veciñanza.

A celebración continuou cunha misa solemne na honra do San Vicente.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025