Concesión de axudas económicas de pago único para mulleres que sofren violencia de xénero

Por Resolución do 20 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral de Igualdade, regúlanse as bases para a concesión no ano 2024, das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. SI434B.

Persoas beneficiarias

  1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as mulleres maiores de idade ou emancipadas, vítimas de violencia de xénero.
  2. Ademais, entre outros, deberán cumprir os seguintes requisitos:
  • a) Estar empadroada e ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia e de traballo.
  • b) Non convivir co agresor.
  • c) Ter especiais dificultades para obter un Emprego.
  • d) Carecer de rendas que, en cómputo mensual, superen o 75 % do salario mínimo interprofesional vixente, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
  • e) Non ter percibido esta mesma axuda con anterioridade.

Importe

Sendo obxecto da axuda, proporcionarlle apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero, o importe xeral desta axuda será o equivalente a seis meses do subsidio por desemprego vixente, e que pode chegar a ser o equivalente a doce, dezaoito ou vinte e catro meses do subsidio por desemprego vixente en función das rendas e ingresos, das responsabilidades familiares, ou do grao de discapacidade da solicitante e/ou familiares ou menores acollidos/as a cargo.

Prazos

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de novembro de 2024.

Máis información no teléfono 981 513061, CIM de Boqueixón, correo electrónico cim@boqueixon.com ou ben no teléfono 981 545373, enderezo electrónico vx.igualdade@xunta.gal.

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025