Emprego: Tractorista para viñedo na zona do Ulla

O Concello de Boqueixón comunica que a empresa Micofer ETT 2000 SLU selecciona tractorista para importante bodega do sector vitivinícola na zona do Ulla para realizar operacións de sembra e aplicación de fitosanitarios en plantación de viñedos.

REQUISITOS:

  • Experiencia no manexo de tractor.
  • Diploma/carné de fitosanitarios.
  • Residencia na zona do Ulla.
  • Dispoñer de carné de conducir.

OFRECE: posto temporal con posibilidade de continuidade na empresa.

As persoas interesadas terán que chamar ao teléfono 888 606 129 ou enviar o seu CV a: cvvilagarcia@micofer.com.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025