A EIM Raíña Lupa de Boqueixón publica a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2024/2025

A Escola Infantil Municipal (EIM) Raíña Lupa de Boqueixón publica a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as para o vindeiro curso 2024/2025.

A listaxe provisional pódese consultar no documento adxunto ou premendo na Listaxe provisional EIM Raíña Lupa. Establécese un prazo de 10 días naturais para posibles reclamacións.

Unha vez finalizado dito período, procederase á publicación da listaxe definitiva de admitidos/as na EIM Raíña Lupa de Boqueixón para o curso 2024/2025.

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025