O Concello de Boqueixón publica a lista provisional de menores admitidos no Verán Activo 2024, na que non hai exclusións

O Concello de Boqueixón fai pública a lista provisional de menores admitidos no servizo de conciliación Verán Activo 2024, Programa Plan Corresponsables. A Xunta de Goberno Local acordou a admisión das 118 solicitudes presentadas, polo que ninguén quedará excluído.

De todos modos, hoxe ábrese un prazo de 3 días naturais para presentar alegacións de forma telemática ou presencialmente no Rexistro do Concello. A lista definitiva de admisións publicarase 5 días naturais desde o remate do prazo de alegacións.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025