Selección de 1 peón/peoa forestal do programa APROL Rural 2024: lista de admisións, datas das probas e comisión seleccionadora

O Concello de Boqueixón publica o listado de persoas candidatas admitidas e excluídas preseleccionadas pola Oficina Pública de Emprego de Santiago Norte para optar á convocatoria da selección como persoal laboral temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral, de 1 peón/peoa forestal a cargo do programa APROL Rural 2024 durante un período de 9 meses.

A proba práctica terá lugar durante a mañá do 5 de agosto na Base de Protección Civil de Boqueixón (O Forte). Máis información no BOP, nas bases da convocatoria ou na nosa sede electrónica.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025