Resultados provisionais do proceso de selección para peón/peoa forestal encargado/a do vehículo motobomba

O Concello de Boqueixón publica os resultados da lista provisional de persoas admitidas para a convocatoria de selección para a provisión en réxime laboral temporal de duración determinada por circunstancias da produción para a contratación de 1 peón forestal encargado/a do manexo e actuación do vehículo motobomba (V.M.B) 2024.

Agora ábrese un prazo de alegacións de 2 días hábiles contados dende o día seguinte á súa publicación (realizada hoxe 23 de agosto de 2024) no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Boqueixón.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025