O Club de Maiores de Boqueixón abrirá o 10 de novembro o ciclo de teatro afeccionado BocAberta

A Casa da Cultura de Camporrapado acollerá o vindeiro mes de novembro unha nova edición do ciclo de teatro afeccionado BocAberta. Terá lugar os domingos 10, 17 e 24 de novembro, ás 17:30 horas. Tres sesións dirixidas a todos os públicos e cuxa entrada será completamente libre e de balde.

A Asociación Club de Maiores de Boqueixón será a encargada de inaugurar o ciclo o domingo 10 de novembro, presentando a súa última obra «Asuntos escuros». Para o domingo 17 de novembro está prrogramada «A inmortal», unha divertida comedia da Asociación Cultural e Teatral Pedroso (Narón). 

Finalmente, o 19 de novembro será a quenda da Asociación Cultural Charamela (Melide), , que pechará o ciclo poñendo en escena a súa última proposta «Quen o diría!».

O ciclo de teatro afeccionado BocAberta está organizado polo Concello de Boqueixón, en colaboración coa Deputación da Coruña e a Asociación Club de Maiores de Boqueixón.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025