-
Datas: 23 de xuño ata 5 de setembro de 2025.
-
Inscricións: ata o 3 de xuño de 2025
O Concello de Boqueixón convoca unha nova edición do Verán Activo, un programa lúdico-educativo que permitirá ás familias, empadronadas no concello ou alumnado matriculado nun centro educativo do concello, conciliar a súa vida persoal elaboral nas vacacións de verán, ao tempo que oferta unha alternativa de lecer atractiva para crianzas. A iniciativa, enmarcada dentro do Plan Corresponsables, está dirixida a alumnado de 2º ciclo de educación infantil, primaria e secundaria (con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos).
As actividades terán lugar do 23 de xuño ao 5 de setembro nas instalacións municipais do Forte e do CPI Antonio Orza Couto.
O horario será de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, coa posibilidade de ampliación horaria nos meses de xullo e agosto en caso de necesidade (ben adiantando a entrada ás 8:00 horas, atrasando a saída ás 15:00 horas ou ambas as dúas opcións).
Haberá opción de solicitar servizo de comedor, sendo neste caso o horario de saída ata as 16:00 horas.
O Concello de Boqueixón convoca 60 prazas para a quenda do 23 ao 30 de xuño; 120 prazas para o mes de xullo (dúas quendas: do 1 ao 15 e do 16 ao 31); 75 prazas para o mes de agosto (dúas quendas: do 1 ao 15 e do 16 ao 31 de agosto); e 30 prazas para a quenda do 1 ao 5 de setembro.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 3 de xuño. No caso de existir prazas vacantes, será posible matricularse por semanas ou días soltos.
Prezos e bonificacións
O Concello de Boqueixón establece unha serie de bonificacións de acordo coa renda familiar, deforma que as familias con ingresos mensuais inferiores ou iguais ao IPREM e os casos deemerxencia social valorados polos Servizos Sociais de Boqueixón terán unha bonificación do 100%. Bonificación que será do 75% no caso das familias con ingresos que non superen en 2 veces o IPREM (1.200 €/mes) ou do 50% para as que non superen en 3 veces o IPREM (1.800 €/mes).
Ademais, haberá un desconto do 25% polo segundo membro da familia matriculado e do 50% no caso de terceiro e sucesivos membros.
No caso de querer acceder a elas, deberase presentar a documentación solicitada na propia ficha de inscrición.
Toda solicitude deberá presentarse ben presencialmente no Rexistro do Concello ou ben a través da sede electrónica.
Podes descargar as bases da convocatoria así coma a ficha de inscrición en formato pdf/word nos documentos adxuntos do final.
Máis información e consultas: cim@boqueixon.com ou no 981 513 115.
Adxuntos
- Decreto bases servizos de conciliación 2025 (132 kB)
- FICHA VERÁN ACTIVO 2025 (117 kB)
- Ficha Verán Activo (204 kB)