O concello de Boqueixón convida a conciliar este verán combinando aprendizaxe e diversión a través dos Campamentos Dixitais, un programa gratuíto destinado ás crianzas de 9 a 13 anos.
Este proxecto integral incorpora 30 horas de formación, con contidos adaptados que buscan garantir a inclusión dixital mediante a adquisición de competencias fundamentais. Durante o campamento, os participantes traballarán en temas clave como:
• Procura de información en Internet
• Creación de contidos dixitais
• Seguridade e privacidade
• Benestar dixital
• Prevención da desinformación e do ciberacoso
• Profesións emerxentes
A través dunha metodoloxía flexible e probada, os estudantes obterán un certificado que avala as competencias dixitais adquiridas, abríndolles novas oportunidades no mundo actual.
O campamento decorrerá do 21 de xullo ao 1 de agosto de 2025, no CPI Antonio Orza en horario de 10 a 13 horas (de luns a venres).
As prazas son limitadas, para obter máis información ou para reservar a túa praza, contacta co número 981 513 115.
Este proxecto está enmarcado no Programa CODI do Ministerio de Xuventude e Infancia e conta co financiamento dos Fondos Europeos Next Generation.
Aproveita esta oportunidade única para impulsar o crecemento dixital das túas crianzas e asegurarlles un verán tan formativo como divertido!