O Concello de Boqueixón publica a listaxe definitiva das 108 crianzas admitidas na actividade Verán Activo 2025, no servizo de conciliación Verán Activo 2025, programa Plan Corresponsables, toda vez que non se presentou ningunha alegación á lista provisional.
Un procedemento no que se aprobaron todas as solicitudes presentadas e non quedou ninguén excluído/a.
Sinalar que están obrigados ao pago dos prezos públicos os beneficiarios/as do servizo, os cales deberán remitir xustificante da transferencia bancaria efectuada ao correo electrónico cim@boqueixon.com.
Para poder formar parte do grupo de Difusión do Verán Activo ter en conta o teléfono de contacto do mesmo que é o 672 894 456.