O vindeiro 24 de xullo, unha unidade móbil do programa Retorna da Xunta de Galicia desprazarase ata Boqueixón para prestar atención ás persoas retornadas do municipio. Esta oficina móbil instalarase na Praza da Feira de Lestedo, de 9:00 a 14:00 horas.
Trátase dun servizo gratuíto co que as persoas interesadas recibirán asesoramento sobre trámites administrativos, prestacións, subvencións, axudas, asistencia sanitaria, vivenda, formación, orientación laboral e emprego.
Para acudir é preciso solicitar cita previa a través dun formulario web (https://emigracion.xunta.gal/es/actividad/retorna/oficina-movil-cita-previa) ou ben chamando ao teléfono 900 102 380.