O Concello de Boqueixón, en colaboración co Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela, organiza unha nova edición das Noites Astronómicas. Terán lugar unha vez máis nun dos mellores puntos de observación astronómica da comarca: o Pico Sacro o martes 29 de xullo, ás 22:00 horas.
A participación é totalmente de balde, se ben é imprescindible anotarse previamente no Departamento de Cultura de Boqueixón: cultura@boqueixon.es.
As Noites Astronómicas 2025 é unha iniciativa do Concello de Boqueixón e o Observatorio Astronómico Ramón María Aller que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, o Ministerio de Ciencia e Innovación, a Universidade de Santiago de Compostela e Óptica Val.