O Concello de Boqueixón informa da apertura do prazo de inscrición nos servizos de conciliación Madrugadores e Tardes educativas e de lecer para o curso 2025-2026.
Ambos os dous programas están dirixidos a alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria de entre 3 e 16 anos empadroado no Concello de Boqueixón ou ben matriculado nun centro educativo do municipio. As actividades desenvolveranse nas instalacións do CPI Antonio Orza Couto.
Madrugadores
O programa Madrugadores ofrece servizo de acollida, coidado e vixilancia antes do comezo das clases en horario de 7:30 a 9:00 horas. Realizaranse actividades variadas e relacionadas co fomento de hábitos saudables.
Os prezos son:
- 10 €/mes por 1 día/semana
- 20 €/mes por 2 días/semana
- 30 €/mes por 3 días/semana
- 40 €/mes por 4 días/semana
- 50 €/mes por 5 días/semana
- 5 € por días soltos
FICHA DE INSCRICIÓN
Tardes Educativas e de Lecer
As Tardes Educativas e de Lecer, en horario de 15:30 a 18:30 horas, ofrece dous servizos en espazos diferenciados:
- acompañamento escolar, para que o alumnado realice as tarefas escolares co apoio de monitorado especializado
- «recreando”, unha actividade lúdico-cultural cun amplo programa de actividades, obradoiros e xogos
Os prezos son:
- 30 €/mes por 1 día/semana
- 45 €/mes por 2 días/semana
- 60 €/mes por 3 días/semana
- 75 €/mes por 4 días/semana
- 90 €/mes por 5 días/semana
- 10€ por días soltos
Bonificacións: en ambos os dous casos, o Concello establece bonificacións entre o 25 e o 100% do servizo.
Inscricións: en ambos os dous casos, a inscrición poderá ser telemática (a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón e incluindo a documentación na solicitude xeral) ou presencial, a través do Rexistro.
Documentación: As persoas solicitantes deberán achegar:
- declaración da renda do 2024 ou xustificante acreditativo de non ter que presentala
- documento acreditativo de familia numerosa, monoparental, vítima de violencia de xénero (de ser o caso)
- DNI
Máis información sobre estes programas no teléfono 981 513 115 / 981 513 061 ou no correo electrónico cim@boqueixon.gal
Adxuntos
- Ficha Madruga Boqueión 2025-2026 (127 kB)
- Ficha Tardes Educativas e de Lecer (127 kB)