O Departamento de Emprego do Concello de Boqueixón informa de que a Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ven de convocar as axudas PEL 2026:
- PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO: Subvencións á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial dos concellos da provincia da Coruña de menos de 10.000 habitantes a través do apoio ao investimento en bens inventariables.
- PEL-AUTÓNOMOS/AS: Subvencións de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais e/ou do alugueiro de oficinas, baixos comerciais ou centros de traballo a persoas autónomas en concellos de menos de 10.000 habitantes.
- PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Subvencións á contratación de persoal por parte de pemes, microempresas e persoas autónomas en concellos de menos de 20.000 habitantes
- PEL-PEMES MANTEMENTO: Subvencións para o mantemento das contratacións indefinidas de pemes, microempresas e autónomos/as beneficiarios/as das axudas de PEL-Pemes Creación e ampliación 2025.
As bases das axudas PEL 2026 poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia número 216 do 11 de novembro de 2025.
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o 15 de novembro ás 9.00 horas ata o 16 de decembro de 2025 ás 14.00 horas. As solicitudes presentaranse exclusivamente de xeito telemático, a través da plataforma SUBTeL: https://sede.dacoruna.gal/subtel/
O período subvencionable das axudas é a anualidade 2026.