O Concello de Boqueixon informa de que artistas, empresas e compañías do municipio teñen ata as 14:00 horas do 29 de xaneiro para inscribiren os seus espectáculos na Rede Cultural 2026 da Deputación da Coruña.
Cada artista ou compañía poderá inscribir un máximo de 5 espectáculos. O importe dos cachés será fixado libremente polas compañías e intérpretes, co límite máximo de 15.000,00 euros (impostos incluídos) e constará, por unha banda, dunha cantidade en concepto de importe do espectáculo e, doutra, do importe do equipamento técnico necesario para a súa realización. O equipamento técnico non se aboará no caso de que sexa achegado polo Concello.
O catálogo da Rede Cultural 2026 estará formado por catro programas:
- «Escena ao vivo!»: para espectáculos profesionais de teatro, monicreques, maxia, danza e música para concellos
- «Visións»: para cinema e contidos audiovisuais para concellos
- «Lingua a Escena!»: para espectáculos profesionais de música, teatro, danza, maxia, narración oral e monicreques con contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega, para concellos.
- «Alicerce»: para grupos de música, danza e teatro non profesionais para concellos e entidades.
Máis información e bases: neste enlace.
O prazo de solicitude de espectáulos por parte dos Concellos abrirase ás 0:00 horas do 6 de marzo ata as 14:00 horas ao 20 de marzo.