O Concello de Boqueixón informa de que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, convoca as axudas de apoio á emancipación da mocidade Bono emancípate para o ano 2026. Trátase dunha axuda económica dirixida as persoas mozas traballadoras que adquiran ou aluguen unha vivenda, que ten como finalidade contribuír a sufragar os gastos derivados da súa emancipación nunha vivenda distinta da dos/das seus/súas proxenitores/as, que non sexan os do prezo de adquisición ou da renda de alugueiro, como son os derivados da adquisición de mobiliario e artigos de decoración en xeral, electrodomésticos, enxoval de cociña e baño ou téxtil de fogar.
- Prazo de presentación de solicitudes: 13/02/2026, ás 09:00 h – 30/04/2026, ás 20:00 h (salvo que se acabe o crédito con anterioridade).
- Onde presentar: Sede electrónica da Xunta de Galicia (código CT501B). As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta.
- Destinatarios: Persoas menores de 36 anos que independicen.
- Contía:
- 1.500 €: Para aluguer de vivenda.
- 3.000 €: Para adquisición de vivenda.
- Uso: Tarxeta virtual para mobles, electrodomésticos, utensilios, enseres domésticos, mudanzas, xestorías ou notarías.
- Condicións: A compra ou aluguer debe ser posterior ao 30 de abril de 2025 e a tarxeta caduca o 31 de decembro de 2026.
- Xestión: Tramítase a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
A axuda está pensada para cubrir os gastos iniciais derivados da emancipación e non para o pago mensual do aluguer.
Máis información: