SERVIZOS XERAIS

Concello de Boqueixón

Persoal:

Secretario – Interventor: Dalmiro Nuñez Mendez

Administrativa de secretaría: Adela Lamela

Administrativo de intervención: Anselmo Caeiro

Rexistro xeral: Lourdes García

Horario de atención:

Oficinas: Luns a venres

8:00 a 15:00 h.

Rexistro: : Luns a venres
8:00 a 15:00 h.

Contactar:  981 513061

 

A Secretaría Xeral desenvolve as seguintes funcións:

  • A función de fe pública respecto das sesións e actos dos órganos do Concello
  • O asesoramento legal preceptivo
  • A coordinación das tarefas burocráticas que desenvolven os distintos servizos municipais nos aspectos xurídico-administrativos

Intervención e Tesourería encárganse da fiscalización económica, orzamentaria e financeira, o desenvolvemento da contabilidade municipal referida ao orzamento municipal, o control da recadación municipal, o manexo e custodia de fondos e avais e control e realización de todo tipo de pagos, así como a atención a provedores.

Dependen ademáis deste servizo:

  • Padrón de habitantes
  • Impostos municipais (colaboración coa Deputación)
  • Contratación
  • Rexistro Xeral