O Concello de Boqueixón e o Concello de Vila de Cruces organizan conxuntamente, unha terceira edición das VISITAS TEATRALIZADAS: » 1809. A BATALLA DE PONTE LEDESMA- GRES», destacar que, cada edición é diferente ás anteriores e con sorpresa final!!
Realizaranse de xeito gratuíto os domingos 8 e 15 de marzo ás 12:30h con saída do Campo do Río en Ponte Lesdesma e durarán aproximadamente ata as 14:00h.
Neste terceira edición, o capitán Benito Martínez –interpretado por Suso Martínez-, e a figura do sacerdote don Alonso Valladares –interpretado por Pedro Brandariz-, percorrerán a contorna máis próxima á ponte, conmemorando e representando a batalla en Ponte Ledesma- Gres entre as tropas de Napoleón e o exército de campesiños ao mando de Benito Martínez. O capitán e os seus, lograron conter temporalmente o avance do exército francés grazas ao apoio da xente da zona que batallou armada con trabucos e apeiros de labranza.
É preciso inscrición previa para asistir á actividade antes dos venres anteriores ás visitas en calquera dos seguintes teléfonos ou correos electrónicos:
981 513 061 boqueixonturismo@gmail.com
986 582 017 info@viladecruces.es