Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, DESTACADAS
  • Publicada o 9 febrero 2024

A filloa de Lestedo pode degustarse de balde na cafetería de El Corte Inglés de Santiago de Compostela ata o 13 de febreiro

A Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, El Corte Inglés de Santiago de Compostela e o Concello de Boqueixón presentaron hoxe unha acción de promoción da XLI Festa da Filloa de Lestedo, que se desenvolverá na cafetería de El Corte Inglés nos próximos días. Así, dende hoxe e ata o vindeiro 13 de febreiro, unha filloeira de Lestedo elaborará no centro comercial e en directo este produto tradicional da gastronomía galega tan típico do Entroido. Isabel Tejo e Liliana Voicu foron as dúas filloeiras encargadas dos fogóns durante a xornada de hoxe de venres.

As xornadas foron presentadas polo alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato; a directora de El Corte Inglés de Santiago, Cristina García de Albéniz; a directora rexional de Comunicación, Marketing, Sustentabilidade e Relacións Institucionais de El Corte Inglés Galicia–Asturias, Fuencisla Cid; e o presidente da Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, José Manuel Canabal.

Ovidio Rodeiro agradeceu a colaboración de El Corte Inglés na promoción da Festa da Filloa de Lestedo, declarada de interese turístico de Galicia. “Para o Concello de Boqueixón é un orgullo levar case unha década co apoio de El Corte Inglés para poñer en valor un produto tan noso e tradicional como é a filloa de Lestedo”, sinalou o rexedor.

Pola súa banda, Fuencisla Cid referiuse ao compromiso de El Corte Inglés con Galicia. ”Esta colaboración é resultado do noso vínculo coa cultura galega. Queremos tamén enxalzar a tradición e brindar experiencias auténticas aos nosos clientes. A filloa de Lestedo conta cun valor gastronómico singular,  sendo un produto de elaboración artesanal destacado que non pode faltar nestas datas de Entroido”.

Finalmente, José Manuel Canabal puxo en valor este acción xa que “permite lembrarlle aos milleiros de persoas que pasan cada fin de semana por El Corte Inglés que o domingo 18 de febreiro teñen unha cita coa Festa da Filloa de Lestedo, o que nos axuda a sumar cada ano máis visitantes a esta festa, que comezou sendo unha festa parroquial pero que xa é de pleno dereito un dos referentes gastronómicos de Galicia”.

Dende hoxe e ata o vindeiro 13 de febreiro, en horario de 13:00 a 16:30 horas, unha filloeira de Lestedo elaborará filloas na cafetería de El Corte Inglés de Santiago de Compostela, que os clientes recibirán gratuitamente con cada consumición.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}