
Forte s/n
15581 BOQUEIXÓN (A Coruña)
Telfs: 981 513 061 – 981 513 052
Fax: 981 513 000
www.boqueixon.gal
CIF: P-1501200-H
correo@boqueixon.es
Visitas guiadas ó Pico Sacro
O Concello de Boqueixón levará a cabo nos meses de xuño, xullo, agosto e a ata o 14 de setembro un programa de visitas guiadas e de balde ao Pico Sacro. Uns percorridos de hora e media que terán lugar os venres, sábados e domingos. Neles, as persoas participantes coñecerán polo miúdo unha das montañas máis míticas e coñecidas de Galicia, fonte de innumerables lendas e contos populares, sobre todo o mito relacionado co traslado do corpo do Apóstolo Santiago a Compostela. Ademais, é un miradoiro espectacular da comarca, pois permite divisar ata as torres da Catedral de Compostela.
O punto de encontro é o apartadoiro do monte ilicino, con tres horarios dispoñibles: 12:00, 16:00 e 18:00 horas. A participación é totalmente de balde, se ben por cuestións de organización é preciso inscrición previa no Departamento de Turismo de Boqueixón, ben chamando ao 981 513 061 ben enviando un mail a boqueixonturismo@gmail.com.

Atardeceres no Pico
Ademais, os venres 4 e 11 de xullo, haberá dúas sesións especiais: “Atardeceres no Pico”. Trátase dunha visita guiada na que as persoas participantes desfrutarán dunha espectacular posta de sol dende o cumio do monte ilicino e coñecerán de primeira man as múltiples lendas celtas vinculadas a esta localización. Un espazo que, ademais, ten un importante peso na astronomía, como puxeron de manifesto o ano pasado as xornadas do ciclo “Un mes e Pico”, onde tivera lugar unha observación astronómica dirixida por Jorge Mira.
O punto de encontro para os “Atardeceres no Pico” será tamén o apartadoiro do monte ilicino, ás 20:30 horas. O número de prazas de cada sesión é limitado, polo que é precisa inscrición previa no Departamento de Turismo de Boqueixón, ben chamando ao 981 513 061 ben enviando un mail a boqueixonturismo@gmail.com.