Forte s/n
15581 BOQUEIXÓN (A Coruña)
Telfs: 981 513 061 – 981 513 052
Fax: 981 513 000
correo@boqueixon.es
FALLO DO XURADO DO XI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “BOQUEIXÓN EN IMAXES”
O xurado do XI Concurso de fotografía “Boqueixón en imaxes” composto por Carlos Suárez González, Nós Comunicación, José Alberto Pedrido Guldrís, Pedrido Fotografía, Antonio Vázquez Fernández, director do xornal Bisbarra e Rosario Iglesias Iglesias, técnica municipal de Cultura, con voz e sen voto, logo de comprobar o cumprimento dos requisitos de participación das 71 fotografías presentadas ao concurso, proceden a puntuar de forma anónima cada unha delas (máximo 90 puntos), tendo en conta os criterios de calidade técnica, composición, impacto visual, mensaxe transmitida, creatividade e representatividade e
ACORDAN:
Primeiro. Descalificar as fotografías que figuran cos números 3 e 37 na mostra de imaxes presentadas, publicada na web municipal, por non reunir o requisito de presentación en formato horizontal, establecido na base terceira do XI Concurso de fotografía “Boqueixón en imaxes”.
Segundo. Designar como seleccionadas as seguintes doce imaxes segundo a puntuación acadada:
| Foto nº | Título | Nome autor/a | Puntuación |
|---|---|---|---|
| 65 | Reflexos da ponte | Fernando Lueiro Balado | 81 |
| 53 | Ofrenda nocturna | César Carracedo Pos | 75,5 |
| 23 | Esperando o entroido | Sojhayla Mendieta Celedon | 73,5 |
| 62 | Raíña Lupa, pasado e presente | Fernando Lueiro Balado | 71,5 |
| 28 | Xenerais da Ulla | Belén Iglesias Cajaraville | 71 |
| 27 | Festa da Filloa | Belén Iglesias Cajaraville | 70 |
| 33 | Desfile de carrozas | Alberto Fabián Gaspar Pereyra | 69,5 |
| 55 | O muíño e a ponte | Álvaro Lamas Rivas | 69 |
| 59 | Pico desde o Pico | Severino Fernández Abel | 68 |
| 18 | De musgo e pedra | Laura Baratas Carrillo | 68 |
| 29 | Entre árbores e rochas | Alicia Carrillo Martínez | 67,5 |
| 13 | As vivas do entroido | Isaac Pérez Vázquez | 67,5 |
Terceiro. Nomear como fotos gañadoras deste concurso as tres seguintes:
| Premio | Título | Nome autor/a | Puntuación |
|---|---|---|---|
| 1º | Reflexos da ponte | Fernando Lueiro Balado | 81 |
| 2º | Ofrenda nocturna | César Carracedo Pos | 75,5 |
| 3º | Esperando o entroido | Sojhayla Mendieta Celedon | 73,5 |
Cuarto. Comunicar este fallo ao Concello de Boqueixón para que proceda a fixar a entrega de premios correspondentes.
Boqueixón, 3 de decembro de 2025.