O REINO SUEVO
Coa decadencia do Imperio Romano (s. IV-V d.C.), os pobos do centro de Europa traspasaron as súas fronteiras e penetraron con forza na Península Ibérica. Un destes pobos xermánicos, os suevos, asentáronse na Gallaecia logo dun extenso período de guerras que rematan coa sinatura dun tratado con Roma (411 d.C.), polo que logran a emancipación do Imperio Romano conformando o primeiro reino da Europa Medieval: o Reino Suevo da Gallaecia.
Autores como o historiador Benito Vicetto atribuíronlle a esta montaña un relevante papel nos ritos civís do reino suevo de Gallaeciae. No seu libro “Los Reyes Suevos de Galicia (A Coruña 1860)”, conta, cómo era a ceremonia de coronación dos reis suevogalaicos no cumio do Pico Sacro. Sinala o autor que neste lugar existía unha roca de cristal blanco que servía de plataforma regia no día da entronización dos monarcas do que foi o primeiro reino europeo tras a caída do Imperio Romano de Occidente (s. V-VI d. C.).: «o rei suevo dirixíase con tódolos seus dignatarios do Estado ó monte máis alto (en Galicia era o Pico Sacro), ascendía ó cume da montaña sagrada e colocado de xeonllos na rocha situada na cima, coa cara volta ó seu pobo, permanecía en pé e cuberto, coas espadas levantadas, os sacerdotes suevos poñían a coroa sobre a súa fronte. Entón o rei poñíase en pé sobre a mesma rocha e mostraba en alto a súa espada, ó mesmo tempo tódolos demais de xeonllos e volven as súas espadas coas puntas cara á terra para mostra-la súa obediencia ó rei«.