Descubre a espeleoloxía nas covas do Pico Sacro guiadas por instrutores pertencentes á Federación Galega de Espeleoloxía. Permitirán coñecer de primeira man a beleza e a importancia espeleolóxica das covas do Pico. A cova máis lendaria de Galicia.
A actividade completa durará aproximadamente 2 horas. As visitas son sempre guiadas con grupos moi reducidos.
A idade mínima necesaria son 11 anos cumplidos e é preciso contar cunha mobilidade e forma física normal.
Custo: 15€/persoa
Días de visitas: 30/07/22, 27/08/22, 24/09/22 e 22/10/22
Nas seguintes quendas cada día:
- 10:00h.- 12:00h.
- 12:00h.- 14:00h.
- 15:00h.- 17:00h.
- 17:00h.- 19:00h
O punto de encontro dos/as participantes para a realización das baixadas ás covas é Centro de Interpretación do Pico Sacro (Cachosenande- Lestedo), alí os monitores da Escola de Espeleoloxía impartirán unha formación básica previa e facilitarase aos participantes o equipamento necesario. Dende o Centro de Interpretación cada participante subirá ó Pico Sacro no seu propio vehículo.
Recoméndase asistir con roupa e calzado pechado e cómodo.
As inscricións para a actividade realízase no enlace: http://www.espeleoloxia.org/web/visitapicosacro/
Máis información en:
http://www.espeleoloxia.org/web/ ou no 982 507 227
www.boqueixon.gal ou no 981 513 061 Departamento de Emprego, Formación e Turismo.