ESTUDOS DA ARQUEOASTRONOMÍA SOBRE O PICO SACRO
A Arqueoastronomía é una disciplina científica que trata de establecer a relación entre a orientación das construcións cerimoniais e estruturas arquitectónicas coa bóveda celeste el estudio de la orientación astronómica de tumbas u obras megalíticas de tipo funerario. En realidade, é a combinación de dúas palabras: arqueoloxía e astronomía e refírese ao coñecemento astronómico que tiveron os pobos antigos expresados nas súas construcións, alineadas con obxectos celestiais como o Sol, a Lúa e as estrelas.
Como é lóxico, Galicia e en concreto a orixe da cidade de Santiago, non quedou ao marxe desta disciplina. Autores como Antón Bouzas Sierra ten dous magníficos estudos ao respecto. O primeiro “Aportaciones para una reinterpretación astronómica de Santiago de Compostela (El Dragón y el Libredón. Si te llamaras Pelagius o Teodomirus…) (Anuario Brigantino 2009, nº 32) estuda as posibles orixes astronómicos do culto a Santiago Apóstolo, baseándose na orientación xeoastronómica da cidade de Compostela respecto do Pico Sacro, Concluíndo que existe un dobre aliñamento xeo-astronómico en Santiago respecto do Pico Sacro que se manifesta primeiramente na orientación del Castriño de Conxo (fortificación do 1º milenio antes de Cristo) con dicho monte, que se corresponde co orto solar do Solsticio de Inverno, e en segundo lugar co rumbo ou azimut establecido entre o casco histórico de Compostela e o mesmo Pico, coincidente coa posición Sur extrema do orto da Lúa, que se alcanza no momento de mínima declinación do Lunasticio Maior (singular evento astronómico que se repite en ciclos de 18,61 anos).
No seu segundo estudo “Espacios paganos y calendario céltico en los santuarios cristianos de Galicia” (Anuario Brigantino 2013, nº 36), considera que en Santiago de Compostela conflúen unha serie de aliñacións astronómicas que non son froito da casualidade. O monte coñecido como Castriño de Conxo, ubicado no lendario Bosque de Libredón, ten unha estreita relación có Pico Sacro, non só porque ambos están relacionados coa Lenda do Apóstolo Santiago, senón porque a aliñación que establece o eixo formado entre o Castriño de Conxo e o Pico Sacro á a que determina o orto solar sobre este último durante o solsticio de inverno, funcionando coma un xigantesco gnomon natural. Polo tanto, si durante o solsticio de inverno, nos situaramos no Castriño de Conxo veriamos saír o sol xusto por encima do Pico Sacro.