FUEGO DE SAN ANTÓN
Un episodio curioso que relaciona a peregrinación polo Camiño de Santiago e o Pico Sacro é o que se coñece como “Fuego de San Antón”. Esta enfermidade era moi común entre os peregrinos que facían o Camiño debido á inxesta de pan amasado con fariña de centeo. Cando o cereal contaminábase cun fungo coñecido como cornezuelo do centeo (Secale cornutum), provocaba unha intoxicación que podía cursas de dúas maneiras: de forma aguda provocando a morte, ou de forma crónica, causando necroses nas partes distais (nariz, orellas, dedos); estas zonas afectadas tínguense dunha cor azul negruzca, coñecida na Idade Media como ‘ignis sacer‘ (o fuego sagrado, de o nome da enfermidade).
Xesús Rodríguez López, no seu libro “Supersticiones de Galicia” explicaba: “Invocaron también al Pico Sacro, para que los librase de una gran epidemia que hubo en Galicia, conocida con el nombre de fuego de San Antón”.
Na comarca do Ulla, ata fai ben pouco, persistía o recordo deste mal na tradición oral e de cómo a xente acudía en peregrinación ao Pico Sacro e arrodillándose na súa cima rogaba:
“Pico Sacro, Pico Sacro. Líbrame do mal que eu traio”; e deixan sobre o chan un anaco de pan, no convencemento da eficacia da ofrenda contra a enfermidade.
Pola súa parte, o historiador Manuel Murguía, era partidario de que a fórmula de invocación ao Pico Sagro para librarse do “Fuego de San Antón” era:
“Pico Sagro, Pico Sagro
Que te consagrou o bendito Santiago
Con seus boys e con seu carro,
Líbranos deste fogo airado:
Por la intersección de la Virgen María,
Un padre nuestro y un Ave María”