Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello

OS XIGANTES DO PICO SACRO

O libro “A Cova do Pico” fai una análise respecto as lendas relativas aos xigantes, indicándonos que na mitoloxía galega non son habituais as referencias a criaturas, monstros de aparencia humana xigante. “De aí a importancia engadida de que na Cova do Pico, con distintos nomes e variantes transcritas, se mencionen a uns temibles gardiáns que custodian una marabillosa sala subterránea. A versión máis completa e difundida desta lenda, e quizais tamén a máis literaturizada, é a transcrita por Leandro Carré Alvarellos. Di así: “Na torre que en tempos moi recuados había no monte chamado Pico Sagro, quen pasar perto dela polca noite, podería escoitar os laios e queixumes d’unha dona alí encantada por un xigante, e ben gardada sen que ninguén poidera achegarse a ela. Algúns que o tentaron con ardimento, ficaron mortos; e alí están os esqueletos deles pendurados á entrada do pozo soterraño. Dous xigantes de ferro que se moven por un enxeño das portas cando alguén tentar abrilas, deixan caer os seus pesados martelos que teñen collidos a dúas mans e machucan as testas dos atrevidos. E se iso non abondara disque tras das portas fan garda uns feros leóns que os esnaquizarían a zoupazos e chantadas se por acaso puideran saír con vida do primeiro enxeño. O xigante do pazo é un xentil (págano, idólatra, mago, bruxo) que por arte de magancía derrubou as paredes do castelo e fixo coas pedras delas, e mais coas penedías que d’arredor había, grandes moreas que, encubriron a porta do pazo onde ten a súa morada” (CARRÉ, L., (s.a. [1969]: 120) ).

Anteriormente, en 1924, Manuel Vidal Rodríguez no seu libro sobre a tumba do Apóstolo recolle este caso dicindo: “Hai os que creen que nesta mesma caverna, despois de atravesar varios corredores, hai unha sala marabillosa, cuia entrada defende un monstruo con figura humana, o cal ten un hacha levantada para descargar sobre o que ose acercarse; e en cuio centro existe unha fonte con caños de ouro que manan incesantemente auga de azogue, e que esta sala da acceso a outra que é un verdadeiro panteón, pois está rodeada de sarcófagos.” (VIDAL, M. 1924: 42).

Unha variante da mesma lenda popular é a seguinte versión onde a criatura horrible ou monstruo antropomorfo é sustituido por dous xigantes de ferro: “As covas do Pico Sagro teñen as súas lendas: (…) dous xigantes de hierro que, movidos por un resorte oculto da porta, deixan caer os seus martelos de aceiro sobre o osado que intenta penetrar naqueles misteriosos lugares e no seu esqueleto vai a xuntarse na boca do pozo cos que lle precederon.” (CARRÉ, E. 1936: I, 263).

A lenda de tradición oral ten as súas raíces nos séculos XVIII e XIX. Así a recolle José Luces Miranda nun breve artigo do ano 1888: “Hai quen (…) afirma que aos poucos pasos da cova principal despois de atravesar varios corredores subterráneos, chegase a unha porta na que unha caricatura horrible parece ameazar cun hacha a quen se aproxima; que esta porta ten un secreto para abrirse e que conduce a unha espazosa sala, no centro da que unha fonte de mármore, con caños de ouro, mana incesantemente auga e azogue, e que desta sala se pasa á outra rodeada de sarcófagos”. (LUCES, J. 1888: 96).”

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}