Prazas limitadas. Imprescindible inscrición.
Máis información e reservas: boqueixonturismo@gmail.com ou 981 513 061 (Dpto. Turismo)
A espeleoloxía do Pico Sacro e a cultura xacobea. Esta é a temática sobre a que xirará a cuarta edición do ciclo “Un mes e Pico”, unha iniciativa que encherá Boqueixón de conferencias, visitas teatralizadas, rutas arqueolóxicas e baixadas espeleolóxicas ás covas durante os meses de maio e xuño. Un programa que foi presentado esta mañá polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, e o concelleiro de Economía e Facenda, José Manuel Iglesias Gómez, e que podes consultar neste enlace.