
Forte s/n
15581 BOQUEIXÓN (A Coruña)
Telfs: 981 513 061 – 981 513 052
Fax: 981 513 000
correo@boqueixon.es
XI concurso de Fotografía ' Boqueixón en Imaxes Paisaxes Festas Eventos '
BASES XI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA BOQUEIXÓN EN IMAXES
Primeira. Finalidade
Primeira. Finalidade
- O obxectivo deste concurso é o fomento da creación artística e a promoción e posta en valor da riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do noso concello.
- Poderán optar a este concurso calquera persoa que o solicite e cumpra o establecido nas presentes bases. No caso de participantes menores de 18 anos a solicitude deberá incluír a autorización do pai/nai ou titor
- A temática versará sobre aspectos que reflicten a riqueza natural, histórica, cultural e etnográfica do noso concello a través de paisaxes, festas e eventos que teñan lugar dentro do termo municipal e resulten claramente identificables.
- As fotografías propostas deberán ser orixinais e inéditas e presentarse en formato horizontal, cun tamaño de 2000×1500 píxeles e resolución mínima de 250 ppp, en branco e negro ou toda cor.
- Non se admitirán montaxes, nin manipulacións que non sexan exclusivamente tratamentos da cor ou axustes relativos á calidade ou procesado da imaxe.
- Cada participante poderá presentar ata un máximo de tres obras.
- Entre as fotografías presentadas seleccionaranse doce, das cales se elixirán as tres gañadoras do concurso. Os premios entregaranse en forma de vale a empregar en calquera establecemento de Boqueixón:
- Primeiro premio: VALE DE 200 €
- Segundo premio: VALE DE 100 €
- Terceiro premio: VALE DE 50 €
- As doce fotografías seleccionadas serán publicadas no calendario do 2026 que edita o Concello de Boqueixón.
- A inscrición será telemática en www.boqueixon.gal. Cada participante deberá cumprimentar e asinar o formulario de inscrición e enviar as fotografías en formato JPG nun arquivo que leve o nome do título da fotografía e o espazo ou evento de que se trate. O prazo de presentación dos traballos remata o 21 de novembro de 2025.
- Todas as fotografías que tomen parte neste concurso serán susceptibles de ser empregadas na promoción turística do Concello de Boqueixón e pasarán a formar parte do seu arquivo fotográfico.
- Un xurado designado polo Concello de Boqueixón e vinculado co mundo da imaxe, da publicidade e da fotografía valorará de forma anónima as fotografías presentadas a concurso, en base aos criterios de calidade e complexidade técnica, composición, impacto visual, mensaxe transmitida, creatividade e orixinalidade.
- O fallo do xurado farase público na primeira quincena do mes de decembro, a través da web municipal e individualmente aos doce autores/-as seleccionados e aos tres premiados/as. Este fallo será inapelable.
- Os/as autores/as premiados/as comprométense a estar presentes ou delegar a súa presenza, no acto de entrega de premios que se comunicará cunha antelación mínima de cinco días.
- O Concello de Boqueixón resérvase o dereito para reproducir en soportes informativos e promocionais propios e expoñer de maneira libre calquera das imaxes. En ningún caso se cederán os devanditos dereitos a terceiros, salvo autorización expresa do autor/a. A organización comprométese, pola súa banda, a indicar o nome do autor/a cada vez que a súa imaxe sexa reproducida.
- Ao aceptar participar no concurso, os autores/ as das fotografías garanten que son creadores e propietarios do traballo que presentan e que non renunciaron a ningún dereito moral ou legal sobre as súas fotografías e responsabilízanse totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como toda posible reclamación por dereitos de imaxe.
- Os/as participantes neste concurso só prestan o seu consentimento para o uso dos seus datos persoais a efectos de coñecemento da súa participación e contacto, sen que se poida facer outro uso deles que o sinalado.
- A organización resérvase a facultade de resolver calquera continxencia non prevista nas bases. A concorrencia a este concurso implica a aceptación das mesmas.
No caso de menores de 18 anos, adxuntar autorización do pai, nai ou titor/titora .
Descarga o pdf adxunto facendo click no icono, imprímeo, éncheo e sácalle unha foto ou escanéao. Despois adxunta devandito formulario no paso 1 de 3, apartado "autorización menores de idade" a continuación:
"*" señala los campos obligatorios