Torneo Interparroquial Futsal nadal 2017

Nova edición do Torneo Interparroquial e novo éxito de participación posto que preto dun centenar de veciños decidiron ,como ven sendo xa tradicional, pasar o Día de Nadal disfrutando do deporte .

Xornada de fútbol sala de moito nivel en todos os partidos. Reflexo de isto, foi a propia final que despois dun empate a tres tantos entre «Herdeiros da Estaca» e «Bo Nadal», decidíuse a penaltis, sendo  «Bo Nadal»  campión nesta edición que foi antesala do próximo XXV aniversario do Torneo, unha reunión deportiva onde se pon de relieve o espiritu destas datas.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025