O campo de fútbol de A Silveira acolle o mércores 14 de agosto o VI Trofeo de Fútbol Concello de Boqueixón

O campo de fútbol de A Silveira, sito na parroquia de Camporrapado, acollerá este mércores 14 de agosto a celebración do VI Trofeo de Fútbol Concello de Boqueixón. Nesta ocasión, o encontro será entre o RC Celta B e o RC Ferrol. O partido dará comezo ás 19.30 horas.

Dende o Concello de Boqueixón animan a veciñanza e visitantes a achegarse ao campo de fútbol de A Silveira e gozar desta xornada deportiva.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025