A Deputación da Coruña pon á disposición da veciñanza do Concello de Boqueixón entradas para o partido da fase clasificatoria da Eurocopa 2021 de fútbol feminino

A Deputación Provincial da Coruñapon a disposición da veciñanza do Concello de Boqueixón entradas para o partido da fase clasificatoria da Eurocopa 2021. O partido disputarase este venres 4 de outubro ás 21.30 horas no estadio de Riazor (A Coruña). Enfrontaranse a selección Española de fútbol (femenino) e a de Azerbaiyán (femenino).
As persoas interesadas en asistir, deberán remitir un correo electrónico a deportes@boqueixon.gal antes do xoves 3 de outubro ás 10.00 horas. Terán preferencia os/as nenos/as federados/as como practicantes de fútbol base.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025