O Concello de Boqueixón vén de publicar as bases Verán Activo 2021, que se detallarán nas seguintes liñas, aínda que tamén se poden consultar no arquivo anexo. O prazo de inscrición estará aberto entre os días 7 e 21 de maio. Para formalizar a devandita inscrición deberase remitir a ficha correspondente, dispoñible no documento anexo ou premendo aquí, xunto coa documentación requerida, ben por vía telemática a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón (preferente) ou presencialmente por rexistro.
Bases Verán Activo 2021
Programa lúdico-educativo para facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e ao mesmo tempo como alternativa de ocio dos/das menores en períodos vacacionais de verán.
O desenvolvemento das actividades contará coa adopción das medidas hixiénico-sanitarias necesarias para cumprir a normativa vixente en materia de prevención da COVID-19.
Lugar
Instalacións municipais do Forte e CPI Antonio Orza Couto.
Datas
Dende o 22 de xuño ao 7 de setembro.
Horarios
De luns a venres de 09:00 a 14:00 con ampliación horaria por maior necesidade de conciliación de 08:00 a 09:00 e de 14:00 a 15:00, nos meses de xullo e agosto.
+ Concilia: ampliación horaria por necesidades de conciliación nos meses de xullo e agosto.
A ampliación horaria abarcará de 08:00 a 09:00,de 14:00 a 15:00 ou ambas.
O número máximo de grupos será de dous en ambos horarios.
Nº de prazas
23 ao 30 de xuño: 25
Mes de xullo: 60
Mes de agosto: 30
1 ao 7 de setembro:20
Destinatarios
Menores con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, escolarizados en infantil e primaria.
Criterios de admisión por orde de prioridades
1º Pai, nai, titor, titora ou participantes empadroados/as en Boqueixón (mínimo de 3 meses de antigüidade).
2º Escolarizados/as nun centro educativo do concello.
3º Pai, nai, titor, titora traballando no termo municipal.
4º Participante desfrutando das vacacións no termo municipal.
5º Nenos e nenas que non reúnan ningún dos anteriores requisitos.
Criterios de baremación
No caso de existir maior número de solicitudes que de prazas ofertadas
- No caso de empate de puntuación realizarase o desempate por sorteo.
| SITUACIÓN SOCIOLABORAL E FAMILIAR | |
| – Emerxencia social – Menores incluídos no programa de educación familiar – Familia con persoas con discapacidade a cargo – Familias con persoas dependentes a cargo – Unidade familiar con ingresos mensuais inferiores ou iguais ao IPREM (564,90€) – Outra situación valorada tecnicamente polo Departamento de Servizos Sociais.
| 5 puntos |
| Unidade familiar con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 1,5 veces o IPREM (847,35€) | 4 puntos |
| Unidade familiar con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 2,5 veces o IPREM (1.412,25€) | 3 puntos |
| Unidade familiar con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 4 veces o IPREM (2.259,6€) | 2 puntos |
| Unidade familiar con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 6,5 veces o IPREM (3.671,85€)
| 1 punto |
| Situación de familia numerosa. | Xeral 1 punto |
| Especial 2 puntos | |
| SITUACIÓN LABORAL OU OCUPACIONAL | |
| Familias biparentais: 1- Cando as dúas persoas proxenitoras ou titoras legais traballen no mercado laboral. 2- Cando unha das persoas proxenitoras ou titoras legais traballe no mercado laboral. | 3 puntos 1 punto |
| Familias monoparentais: 1- Cando a persoa proxenitora ou titora legal traballe no mercado laboral. 2- Cando a persoa proxenitora ou titora legal se atope en situación de desemprego.
| 5 puntos 2 puntos |
| Fogar monoparental: 1- Cando a persoa proxenitora ou titora legal traballe no mercado laboral. 2- Cando a persoa proxenitora ou titora legal se atope en situación de desemprego.
| 5 puntos 2 puntos |
Prezos + Concilia prezo x hora
| Quendas | Custo |
| Semana | 30 € |
| Quincena | 60 € |
| Mes | 120 € |
| Días soltos | 10€/día |
| Quendas | Custo |
| Semana | 5 € |
| Quincena | 10 € |
| Mes | 20 € |
| Días soltos | 2€ /día |
Criterios de bonificacións
- Estas bonificación aplicaranse ás familias empadroadas ou escolarizadas no Concello de Boqueixón, que non serán acumulables entre si.
| Casos de emerxencia social ou outra situación valorada tecnicamente polo Dpto.de S.Sociais do Concello de Boqueixón. | 100% |
| Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais ao IPREM. | 100% |
| Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 1,5 veces o IPREM.
| 80% |
| Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 2,5 veces o IPREM.
| 70% |
| Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 4 veces o IPREM.
| 50% |
| Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 6,5 veces o IPREM.
| 35% |
| Unidades familiares con ingresos superiores a 6,5 veces o IPREM.
| 20% |
| Condición de familia numerosa xeral.
| 40% |
| Condición de familia numerosa especial.
| 50% |
Pago
O pago poderá realizarse nun pago único ou fraccionado por mes. O importe correspondente será ingresado na conta do concello cunha antelación de 5 días antes do comezo da actividade, especificando en concepto, o nome, apelidos e quenda na que participa.
Nº de conta: ABANCA ES68 2080 0320 2531 1000 0666
O xustificante de pago deberá enviarse ao e-mail cim@boqueixon.gal . A non recepción do xustificante en prazo desestimará a solicitude.
Inscricións
Realizaranse do 7 ao 21 de maio, enviando a ficha de solicitude e demais documentación por unha das seguintes vías:
- Telemática, a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón (preferente). Incluír documentación en solicitude xeral.
- Presencialmente por rexistro.
Unha vez finalizado o prazo de inscricións, no caso de que quedar prazas vacantes, poderán ser cubertas por novas solicitudes seguindo o rexistro de entrada.
Procedemento de confirmación de prazas
- Listaxe provisional de admitidos/as: unha vez rematado o prazo de inscrición, publicarase na web municipal a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as.
- Prazo de reclamacións: unha vez publicada a listaxe disporase de 5 días naturais para presentar alegacións.
- Listaxe definitiva de admitidos/as: publicarase transcorridos 3 días hábiles dende o remate do prazo de alegacións.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA:
En todos os casos solicitud de inscrición.
1. ADMISIÓN
- No caso de pai, nai, titor/a que traballe no termo municipal: fotocopia de encabezamento da última nómina, certificado de empresa ou no caso de autónomos/as fotocopia do último recibo de pago.
- No caso de que o/a participante se atope desfrutando das vacacións no termo municipal: declaración responsable.
2. BAREMACIÓN E BONIFICACIÓN
- Declaración da renda do 2020 ou xustificante acreditativo de non ter que
- Documentación xustificativa da situación laboral do pai/nai, titor/titora: fotocopia de encabezamento da última nómina, certificado de empresa ou no caso de autónomos/as fotocopia do último recibo de pago.
- Documento acreditativo de familia numerosa, familia monoparental ou fogar monoparental se é o caso.
- Documento acreditativo, no caso de, emerxencia social, menores incluídos no programa de educación familiar, familia con persoas con discapacidade a cargo, familias con persoas dependentes a cargo ou outra situación valorada tecnicamente polo Departamento de Servizos Sociais se é o caso.
Máis información sobre este servizo no teléfono 981 513115 ou no correo electrónico cultura@boqueixon.gal, cim@boqueixon.gal
Adxuntos
- BasesVeranActivo2021 (30 kB)
- FichaVeranActivo2021 (345 kB)