Lista de persoas admitidas na Campaña da Neve 2023

O Departamento de Deportes fai pública a lista de persoas admitidas nas prazas que o Concello de Boqueixón dispón na Campaña da Neve de 2023, promovida pola Diputación de A Coruña, unha vez celebrado o sorteo público  o pasado 19 de decembro, ás 12:00 horas, no Salón de Plenos . As persoas admitidas terán ata o día 27 de decembro, ás 14:00 horas, para entregar a documentación seguinte no Departamento de Deportes:

  1. Ficha de inscrición debidamente asinada ( neste caso xa sirve a presentada para participar no sorteo)
  2. Fotocopia tarxeta sanitaria.
  3. Fotocopìa do DNI ou no seu caso do Libro de Familia.
  4. Copia do aboamento da cuota de inscrición (unha vez sexa publicado o número de conta na web da Diputación).
  5. No caso de que o neno ou a nena participantes teñan algunha doenza ou tratamento que teñan ser tidas en conta deberá presentarse informe médico asinado polo seu facultativo/a. De igual xeito, no caso de alerxias, intolerancias alimentarias, etc…

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025