O Concello de Boqueixón convoca axudas para a promoción da natalidade, adopción ou acollemento e fomento do comercio local

O Concello de Boqueixón vén convocar as axudas destinadas ao fomento da natalidade no municipio durante 2025. Unhas axudas de ata 400 € por cada crianza nada, adoptada ou acollida entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025 e que teñen unha dobre finalidade:

  • axudar parcialmente ás familias cos custos derivados do nacemento, acollida ou adopción de nenos empadroados en Boqueixón
  • fomentar o comercio local, xa que o gasto subvencionado deberá ser realizado en empresas radicadas no noso municipio.

O prazo de solicitude para crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 6 de maio ábrese mañá, 7 de maio, e pecharase o vindeiro 21 de maio. Para o resto, o prazo será de 15 días naturais a contar dende o seguinte ao seu nacemento, acollida ou adopción.

As axudas serán de 400€ por cada crianza nada, adoptada ou acollida entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024, que se ampliará a 500€ no caso de acreditar unha discapacidade do 33% ou superior. As subvencións outórganse independentemente da renda familiar e os beneficiarios deben utilizala para comprar produtos infantís, como alimentos e produtos de hixiene, en tendas en Boqueixón.

As solicitudes deben presentarse, preferentemente, por vía electrónica ou presencialmente no Rexistro Xeral do Concello. Hai dous prazos:

  • para crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1/1/2025 e o 6/5/2025 (data de publicación do extracto das bases no BOP): prazo de 15 días naturais a contar desde o 7/5/2025 (é dicir: límite 21 de maio).
  • para o resto do ano: prazo de 15 días naturais, contados dende o día seguinte do nacemento, adopción ou acollemento.

Para máis información podes consultar as bases e descargar os impresos de solicitude.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025