O Concello de Boqueixón da inicio as inscricións do campamento CREA, unha iniciativa gratuíta que ten como principal obxectivo crear durante a tempada de verán un espazo lúdico- educativo, empregando unha metodoloxía de educación non formal, que favoreza a aprendizaxe das persoas participantes fomentando a creatividade.
O campamento CREA terá lugar durante o mes de xullo, en horario de 9:00 a 14:00 horas, con entrada de 9:00 a 10:00 e saída de 13:30 a 14:00 horas, con posibilidade de aumento horario por conciliación. A maiores, ofrécese a posibilidade de optar ao servizo de comedor, neste caso o horario de recollida da mocidade se ampliaría ata as 15:30 horas.
Esta actividade está dirixida a mozos e mozas que se encontren matriculados na ESO durante ese ano.
O número de prazas é limitado, polo que terá preferencia a rapazada que estea empadroada en Boqueixón ou escolarizada nun centro educativo do municipio.
As inscricións abriranse hoxe martes 27 de maio e estarán abertas ata completar prazas.
Para participar só é preciso enviar cumprimentada a ficha de inscrición adxunta por correo electrónico a: cultura@boqueixon.com.
Para máis información sobre este servizo: Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e no teléfono 981 513 115.
Adxuntos
- ficha-CReA (183 kB)