Ruta
Sendeiro dos Pescadores e Viticultores do Ulla, ruta homologada 2026
- Distancia: 10,5 km
- Duración: 3 h 28 min
- Desnivel positivo: +82 m
- Recorrido: Lineal
Navegación y seguimiento
¿Ya estás en el inicio? Puedes iniciar el seguimiento directamente.
Lobios no guarda tu ubicación. El seguimiento funciona mientras esta página/PWA permanece activa; al centrar el mapa se cargan teselas de OpenStreetMap del área visible.
PR-G 281 · Sendeiro homologado no ano 2026.
A Senda dos Pescadores e Viticultores do Ulla discorre paralela ao río Ulla, un dos cursos fluviais máis importantes de Galicia. O percorrido, bidireccional, conecta o Campo do Río, na parroquia de Ledesma, coa Área Recreativa de San Paio, na parroquia de Codeso.
Descargar folleto (PDF, 3,3 MB)
Ficha do sendeiro
- Distancia horizontal
- 8,4 km
- Tempo estimado
- 2 h 10 min
- Tipo de percorrido
- Travesía, bidireccional
- Extremos do sendeiro
- Campo do Río de Ledesma e Área Recreativa de San Paio (Codeso)
Desniveis por sentido
Da Área Recreativa de San Paio (Codeso) ao Campo do Río de Ledesma:
- Desnivel de subida: 38 m.
- Desnivel de baixada: 117 m.
Do Campo do Río de Ledesma á Área Recreativa de San Paio (Codeso):
- Desnivel de subida: 117 m.
- Desnivel de baixada: 38 m.
Tempos estimados segundo criterios MIDE, sen paradas, para un excursionista medio pouco cargado. Cálculo sobre datos de 2026. O folleto indica condicións de todo o ano.
Percorrido
A ruta transcorre pola ZEC Sistema Fluvial Ulla–Deza, un espazo incluído na Rede Natura 2000 e declarado Zona Especial de Conservación. Trátase dun ecosistema protexido que garante a preservación da biodiversidade, dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres que habitan este val fluvial.
Este camiño segue antigas sendas utilizadas por pescadores e viticultores, ofrecendo paisaxes de grande beleza, zonas de ribeira ben conservadas e un rico conxunto etnográfico ligado á vida tradicional do Ulla.
Un percorrido perfecto para quen busca natureza, tranquilidade e historia nun mesmo sendeiro.
A Senda dos Pescadores é unha das rutas máis fermosas da comarca. Segue antigas sendas utilizadas polos pescadores para achegarse ao río Ulla, un dos grandes tesouros naturais de Galicia.
Ao longo do camiño acompañarate o son da auga, as sombras dos amieiros e a fauna da ribeira. Poderás gozar de miradoiros naturais, muíños tradicionais e elementos arquitectónicos e históricos únicos.
Datos MIDE
- Severidade do medio natural: 1 · O medio non está exento de riscos.
- Orientación no itinerario: 2 · Existe traza clara de camiño e sinalización.
- Dificultade no desprazamento: 2 · Camiños con diversos firmes.
- Cantidade de esforzo necesario: 2 · Entre 1 h e 3 h de marcha efectiva.
Como interpretar o MIDE
Severidade do medio natural
- O medio non está exento de riscos
- Hai máis dun factor de risco
- Hai varios factores de risco
- Hai bastantes factores de risco
- Hai moitos factores de risco
Orientación no itinerario
- Camiños e cruces ben definidos
- Existe traza clara de camiño e sinalización
- Esixe a identificación de accidentes xeográficos e puntos cardinais
- Esixe navegación fóra da traza
- O itinerario está interrompido por obstáculos que hai que bordear
Dificultade no desprazamento
- Marcha por superficie lisa
- Camiños con diversos firmes
- Marchas por sendeiros escalonados e terreos irregulares
- É preciso o uso das mans ou saltos sobre o terreo
- Require o uso das mans para a progresión
Esforzo necesario
- Hasta 1 h de marcha efectiva
- Entre 1 h e 3 h de marcha efectiva
- Entre 3 h e 6 h de marcha efectiva
- Entre 6 h e 10 h de marcha efectiva
- Máis de 10 h de marcha efectiva
Sinalización e normas
O sendeiro utiliza marcas PR brancas e amarelas. O folleto identifica as seguintes indicacións:
- Continuidade do sendeiro.
- Cambio de dirección á esquerda.
- Cambio de dirección á dereita.
- Dirección equivocada.
Os pictogramas de prohibición do folleto indican non tirar lixo e non facer lume.
Lugares do percorrido
Ledesma
Parroquia bañada na súa totalidade polo río Ulla, que lle dá unha grande fertilidade ás súas terras e unha paisaxe de ribeira de enorme valor natural. A súa situación estratéxica converteuna nun lugar destacado ao longo da historia: foi zona de paso na época romana, priorado visitado polos arcebispos de Compostela e escenario de enfrontamentos contra as tropas francesas durante a Guerra da Independencia.
Un territorio pequeno en tamaño, pero grande en patrimonio, memoria e identidade.
Ponte Vella
A coñecida Ponte Vella é unha xoia histórica. Une a parroquia de Ledesma (Boqueixón) coa de Gres (Vila de Cruces). Presúmese que no mesmo lugar existía unha ponte romana pertencente á antiga Vía que unía Braga con Astorga pasando por Lugo. A Ponte actual, con nove arcos, é unha referencia patrimonial da comarca.
Moi preto dela atópanse as Illas de Gres, un enclave natural de gran beleza paisaxística situado no propio río Ulla.
Batalla napoleónica
No ano 1809, a comarca de Trasdeza tiña un valor estratéxico porque controlaba a estrada que unía Galicia con Castela por Ourense. Os guerrilleiros galegos centraron os seus esforzos en cortar as comunicacións francesas, e Ledesma converteuse nun punto clave.
A defensa desta ponte foi un dos episodios máis destacados da guerra contra os franceses: un grupo de veciños e veciñas da comarca, sen formación militar, conseguiu derrotar a 2.000 soldados experimentados, nunha das vitorias máis soadas da resistencia galega.
Illas de Gres
Situadas xunto á Ponte Vella de Ledesma, no propio río Ulla fórmanse catro illas e varios illotes, comunicados entre si por pequenas pontes de madeira. Este conxunto natural destaca pola súa grande beleza paisaxística, pola tranquilidade do entorno e pola riqueza da súa flora e fauna. É un lugar perfecto para pasear, descansar ou simplemente gozar da natureza en estado puro.
Igrexa de Ledesma
A igrexa parroquial Divino Salvador de Ledesma, de planta de salón, foi obxecto de diversas reformas ao longo do século XIX. A pesar destas intervencións, conserva a estrutura dos muros levantados na reforma de 1752. A nave principal consta dunha cuberta de madeira a tres augas, mentres que a cabeceira presenta unha elegante bóveda de canón, característica da arquitectura relixiosa tradicional.
Codeso
Situada na vertente leste da Serra do Pico Sacro, Codeso abrangue 3,10 km² nun terreo irregular e con numerosos desniveis. A súa altitude media é de 188 m, nunha paisaxe frondosa, fértil e moi produtiva. As principais actividades económicas da parroquia son a gandaría, aproveitamento forestal e a explotación mineira de seixo.
San Paio (Codeso)
A Área Recreativa de San Paio é unha das paraxes máis fermosas e un dos conxuntos etnográficos máis importantes de Boqueixón. A carón da Capela do San Paio atoparás unha fervenza, varios muíños restaurados e unha fonte milagreira, todo inmerso nun frondoso bosque de ribeira case intacto.
Capela de San Paio
Situada á beira do río Pontillón, presenta unha nave rectangular construída na segunda metade do século XVII. Foi restaurada polo concello de Boqueixón no ano 2003, xa que se atopaba en estado de abandono desde mediados do século XX.
Igrexa de Codeso
Entre 1881 e 1882, debido ao estado ruinoso do antigo templo, reconstruíuse unha nova igrexa seguindo os criterios historicistas propios da época. O resultado é un edificio sobrio e elegante, que continúa a ser o principal referente relixioso e patrimonial da parroquia: a Igrexa parroquial de Santa Eulalia de Codeso.
Sucira
Área de Sucira
Situada no sur do concello, na marxe dereita do Ulla, esta pequena parroquia conta cunha fermosa área recreativa nunha carballeira de gran valor natural. É o lugar ideal para pasar o día en contacto coa natureza. Dispón de bancos, asadores e zonas de descanso, perfectas para gozar dun xantar ao aire libre. A moi poucos metros, atópase a Igrexa parroquial de Santa Mariña de Sucira de finais do s. XVII.
Donas
Con apenas 1,20 km², Donas é a parroquia máis pequena de Galicia. O seu nome procede do antigo convento de San Breixome, residencia de relixiosas beneditinas (as “donas”). As súas terras fértiles permiten ata tres colleitas anuais. Destacan tamén: as augas sulfurosas das súas fontes, as termais preto de Caldelas e a fermosa fervenza do río Pontillón, con tres caídas, unha delas a máis alta do concello. A Igrexa parroquial de San Pedro de Donas do 1748 foi reformada pero consérvanse os muros da antiga estrutura barroca da capela maior.
Referencias do plano
Os números corresponden aos puntos sinalados no mapa do folleto:
- Ponte de Ledesma
- Illas de Gres
- Igrexa Divino Salvador de Ledesma
- Área recreativa de Sucira
- Igrexa Santa Mariña de Sucira
- Igrexa San Lourenzo de Pousada
- Igrexa San Pedro de Donas
- Fervenza do Pontillón
- Fervenza de Codeso
- Capela de San Paio
- Igrexa Santa Eulalia de Codeso
Accesos e miradoiro
- A · Acceso Ledesma
- B · Miradoiro Neira Vilas (260 m de conexión indicados no plano)
- C · Acceso Donas
- D · Acceso Pontillón
- E · Acceso San Paio
Servizos próximos
Establecementos e distancias de conexión indicados no plano do folleto:
- A · Restaurante Don Sancho (835 m)
- B · Hotel Donas e Cabaleiros (30 m)
- C · Restaurante O Balado (400 m)
- D · Enoturismo María Manuela (2.450 m)
Fonte: folleto Sendeiro dos Pescadores e Viticultores do Ulla · PR-G 281, Concello de Boqueixón. Ruta homologada no ano 2026.
