Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Información legal

Política de privacidade

O Concello de Boqueixón trata os datos persoais conforme ao Regulamento (UE) 2016/679, xeral de protección de datos (RXPD), e á Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. Esta política explica que datos se recollen a través deste sitio web, para que se usan e como pode exercer os seus dereitos.

Responsable do tratamento

Responsable Concello de Boqueixón · NIF P1501200H
Enderezo Forte, s/n · 15881 Boqueixón (A Coruña)
Contacto 981 513 061 · correo@boqueixon.es
Delegado/a de protección de datos Concello de Boqueixón (correo@boqueixon.es)

Que datos tratamos e para que

A simple navegación polo sitio web non require facilitar datos persoais. Só se tratan datos cando a persoa usuaria os envía nalgún dos servizos seguintes:
Servizo Datos Finalidade
Enviar incidencia Tipo e descrición da incidencia, punto marcado no mapa, fotografías e audio que se acheguen; datos técnicos mínimos para evitar envíos abusivos Recibir, xestionar e resolver avisos sobre a vía pública e os servizos municipais
Formularios de contacto (xeral e alcaldía) Nome, datos de contacto e mensaxe Atender a consulta ou solicitude
Reservas de pavillóns e centros socioculturais Datos da persoa ou entidade solicitante, actividade, datas Xestionar a reserva das instalacións municipais
Concursos e actividades (p. ex. «Boqueixón en imaxes») Datos de inscrición e obras presentadas Xestionar a participación segundo as bases de cada convocatoria
Notificacións da app Identificador técnico do dispositivo (non o nome nin o teléfono) Enviar os avisos municipais a quen os activa
Os trámites da sede electrónica (sede.boqueixon.com) teñen a súa propia información de protección de datos.

Base xurídica

  • Cumprimento dunha misión de interese público ou exercicio de poderes públicos (art. 6.1.e RXPD), en relación coas competencias municipais da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local: incidencias, reservas de instalacións e atención á cidadanía.
  • Consentimento (art. 6.1.a RXPD): notificacións da app e participación voluntaria en concursos e actividades. Pode retiralo en calquera momento.

Canto tempo se conservan

  • Incidencias: as fotografías e o audio elimínanse 90 días despois de pechar a incidencia. Os datos de identificación, aos 12 meses. A incidencia e o seu historial, aos 24 meses.
  • Resto de servizos: o tempo necesario para a finalidade e para cumprir as obrigas legais, incluída a normativa de arquivos e patrimonio documenta.

Destinatarios

Os datos non se ceden a terceiros, salvo obriga legal. As incidencias que sexan competencia doutra administración (por exemplo, estradas autonómicas ou provinciais) poderán comunicarse á administración competente para resolvelas. O Concello conta con provedores que tratan datos no seu nome, con contrato de encargo de tratamento:
  • aloxamento e mantemento do sitio web OVH Europa;
  • servizo de notificacións OneSignal (OneSignal, Inc., EE. UU.), adherida ao Marco de privacidade de datos UE-EE. UU.;
  • outros que se indican na política de cookies.

Os seus dereitos

Pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento e oposición, e retirar o consentimento cando sexa a base do tratamento. Para iso:
  • presente un escrito no rexistro xeral do Concello (Forte, s/n · 15881 Boqueixón), ou
  • a través da sede electrónica.
Debe acreditar a súa identidade. Se considera que o tratamento non se axusta á normativa, pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos. Antes pode, se o desexa, dirixirse á persoa delegada de protección de datos.

Seguridade

O Concello aplica medidas técnicas e organizativas para protexer os datos, conforme ao Esquema Nacional de Seguridade:
  • conexión cifrada (HTTPS);
  • acceso restrinxido ao persoal autorizado;
  • fotografías e audios das incidencias gardados fóra da parte pública do servidor, sen acceso por enderezo web;
  • copias de seguridade.

Cambios nesta política

Esta política pode actualizarse para adaptala a cambios normativos ou nos servizos. A data da última actualización indícase ao final da páxina.

Última actualización: 16 de outubro de 2026